Co obxectivo de fomenta-la creatividade da mocidade universitaria e de desenvolve-la súa capacidade de expresión en lingua galega, así como para contribuír a descubrir potenciais figuras deste eido da cultura, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía convoca anualmente o Concurso literario Mazarelos, nome que lembra e homenaxea as raíces da Facultade, e mesmo da Universidade e da propia Compostela.
