Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
preciso -a. adx.
1. Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.

Análises de un ou varios conceptos dunha área de especialidade.

  • A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. Pero figurar nestes ámbitos tamén é "preciso" para o proceso de normalización do galego, para que os seus falantes poidan percibir que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados nesta lingua.

    Desde esta sección intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisión", ofrecendo para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. Isto plásmase en pequenos estudos nos que se analizan un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles.

Artigos publicados

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.10.2024.